Discover millions of ebooks, audiobooks, and so much more with a free trial

Only $11.99/month after trial. Cancel anytime.

Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)
Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)
Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)
Ebook599 pages8 hours

Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)

Rating: 0 out of 5 stars

()

Read preview

About this ebook

Ler a biografia Lénin. Estratega dos asobalhados (1870-1924), do historiador António Liz, é ler umha aproximación rigurosa á vida e á obra de Lénin. Quen a lea terá un axeitado conhecimento do epicentro do feito e do dito por un dos meiran- des revolucionários da História Universal. Ler esta biografia é saber quen foi Lénin.
LanguageGalego
PublisherEntimema
Release dateNov 10, 2021
ISBN9788417528607
Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)
Author

Antonio Liz

Antonio Liz (Casfigueiro, Ourense, 1957). Historiador marxista autor de A Emigración galega, unha aproximación desmitificadora (Artes Gráficas, 1991), Trótski e o seu tempo, 1879-1940 (Entinema, 2005), Trotski y su tiempo, 1879-1940 (Sepha, 2007), Octubre de 1934, insurrecciones y revolución (Espuela de Plata, 2009), Revolución y Contrarrevolución. La II República y la Guerra Civil española, 1931-1939 (HD, 2016 y Entinema, 2019), El cielo por asalto. La Revolución rusa, 1905-1917 (Espuela de Plata, 2017) y coordinador y coautor de la obra colectiva Barbarie fascista y Revolución social. La Guerra Civil española 75 años después (Sariñena, 2011). Columnista en la web alternativa Kaos en la Red. En su blog, antonioliz.wordpress.com, figuran sus artículos históricos y de actualidad, audios de charlas y entrevistas, sus libros digitalizados y folletos, sus vídeos sobre la Revolución española y la Revolución rusa y su vídeo Carta abierta a Felipe VI.

Related to Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)

Related ebooks

Reviews for Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924)

Rating: 0 out of 5 stars
0 ratings

0 ratings0 reviews

What did you think?

Tap to rate

Review must be at least 10 words

    Book preview

    Lenin. Estratega dos asobalhados (1870-1924) - Antonio Liz

    000_Lenin_Portada600.jpg

    Ler a biografia Lénin. Estratega dos asobalhados (1870-1924), do historiador António Liz, é ler umha aproximación rigurosa á vida e á obra de Lénin. Quen a lea terá un axeitado conhecimento do epicentro do feito e do dito por un dos meirandes revolucionários da História Universal. Ler esta biografia é saber quen foi Lénin.

    LÉNIN

    Estratega dos asobalhados

    (1870-1924)

    António Liz

    BIOGRAFIA

    © António Liz, 2021

    © Entimema, 2021

    Colombia, 63.

    28016 Madrid

    Tel.: 91 532 05 04

    www.incipiteditores.com/entinema

    Entinema é o espazo académico de Incipit Editores.

    LÉNIN. Estratega dos asobalhados (1870-1924)

    ISBN: 978-84-17528-60-7

    O contido desta publicación é responsabilidade do autor e non reflexa a opinión da editorial Entinema.

    Quedan rigurosamente proibidas, sen a autorización escrita dos titulares  do Copyright, baixo as sancións estabelecidas nas leis, a reprodución total ou parcial desta obra por calquera medio ou procedimento, coñecido ou por coñecer, comprendidas a reprografía e o tratamento informático, e a distribución de exemplares dela através de aluguer ou préstamo público.

    A Elisa Vázquez e a Xosé Liz,

    a saudade do agarimoso comezo

    Índice

    Presentación

    Capítulo I. Fonte e canle

    Tempo apacíbel

    Tormentas sobre a família

    Época de formación

    Nace Lénin

    Deportación na Sibéria

    Emigración política

    II Congreso do POSDR

    Capítulo II. Primeira revolución

    Guerra ruso-xaponesa

    Domingo Sangrento

    III Congreso do POSDR

    Potemkin e o galo vermelho

    O Sóviet de San Petersburgo

    A insurreición de Moscovo

    Derradeiros estoupidos

    Congreso da II Internacional

    Capítulo III. Duro exílio

    Pesimismo revisionista

    Un sopro de fermosura

    Volta a esperanza

    Conferéncia de Praga

    Matanza no rio Lena

    Desde Cracóvia e Poronin

    I Guerra Mundial

    Zimmerwald e Kienthal

    Capítulo IV. O ceo por asalto

    A Revolución de Febreiro

    O tren de Lénin

    As Teses de Abril

    As contradicións agudizan-se

    Xornadas de Xulho

    O Estado e a Revolución

    Kerenski e Kornilov

    A roda xira á esquerda

    A Revolución de Outubro

    Capítulo V. Tempos novos

    Comezo convulso

    Asembleia Constituinte

    Brest-Litovsk

    De Petrogrado a Moscovo

    Guerra Civil

    Vermelho intenso

    A III Internacional

    Da soga á vitória

    Capítulo VI. Loita inacabada

    Ás obreiras

    Evolución do PC(b)R

    Vinte e umha condicións

    A dura realidade

    Kronstadt e a Nep

    Terceiro Congreso da Komintern

    Lénin doente

    Derradeira batalha

    Agonia e morte de Lénin

    Epílogo

    Cronoloxia

    Siglas e acrónimos

    Bibliografia

    Notas

    Presentación

    Vivendo na civilizada Unión Europea, onde os profesionais da política son una casta que goza de elevados salários, reiteradas comisións, seguros próprios e pensións especiais, o que os converte nuns privilexiados e, polo tanto, nuns teimosos defensores da democrácia, hai que comezar dicendo que Lénin non se meteu en política para viver dela senón que fixo xusto o contrário. Dado o status de nobreza que acadou o pai de Lénin polo seu quefacer como director de escolas que o levou a Conselheiro de Estado e a intelixéncia que demostrou o seu filho sacando a licenciatura de Dereito numha tanda de exámenes nuns poucos meses por libre, é dicer, sen asistir a umha soa clase, obtendo o número un da sua promoción cando os bons alunos universitários tardaban catro anos en terminar a carreira, non é difícil imaxinar que a umha persoa co pedigri de nobreza e supina intelixéncia as portas do réxime zarista terian-lhe estado abertas de par en par para desfrutar dumha vida chea de elevadas relacións sociais. Pois ben, Lénin fixo xusto o contrário, puxo-se a combater ao réxime zarista o que o levou primeiro á deportación en Sibéria e despois a ter que viver no estranxeiro para poder realizar a sua atividade revolucionária cuxo obxetivo, que el mesmo se impuxo, foi levar á clase trabalhadora rusa ao poder para comezar a revolución socialista en Europa. Daquela, Lénin meteu-se en política para transformar o mundo e non para viver dela. Isto é o primeiro que tenhen que saber as novas xeracións para que entendan desde un comezo o ódio que lhe tenhen a Lénin os escritores democráticos de pelaxe variada.

    Escritores que defenden a capa e a espada á democrácia liberal estadounidense ou ás democrácias parlamentárias europeas tenhen-lhe a Lénin uma envexa manifesta polo ben tratado que foi ao longo da sua vida polas mulheres, comezando pola sua nai, Maria Aleksándrovna, seguindo polas suas irmás, Anna e Maria, e continuando pola sua companheira de sempre, Nadia Kruspkaia, e polo seu amor romántico, Inessa Armand. Todas elas o cuidaron, o axudaron e o amaron durante toda a su vida. Estes envexosos tinhan-se que perguntar por que mulheres fortes e conscientes o quixeron e o amaron. Lembrar-lhes a eses senhores que mulheres desas cualidades só queren e aman cando se sinten fondamente respetadas. Non foi casualidade que Clara Zetkin, a comunista que liderou a implantación do Dia Internacional da Mulher, empregara o cerebro de Lénin para perfeizoar o seu quefacer revolucionário.

    Na biografia comprobará-se que Lénin non foi aquel líder da hagiografia Stálinista ao que todos seguian sen rechistar. Nada mais alonxado da realidade, estar en minoría para el formaba parte da normalidade. Foi a sua capacidade de estratega o que lhe permitiu pasar da minoria á maioria, de facer ver que o que propunha era o axeitado. Tamén se comprobará que non ten nada que ver co ditador da historiografia liberal e democrática xa que na sua vida política os seus pontos de vista impuxo-os a base de argumentos polo que se verá un partido cheo de vida política, de fracións e congresos permanentes.

    As obras de Lénin, os relatos dos seus coetáneos e as biografias das diferentes escolas historiográficas foron a base desta biografia. Todo elo figura na bibliografia. As notas a pé de páxina son un indício do material que máis puden empregar, en función da información que fornecen. Os materiais das minhas obras anteriores aparecen citados pola fonte orixinal, non polos meus libros. Por método, a pé de páxina anoto só a fonte das citas.

    No referente á cronoloxia, aclarar que o calendário ruso (xuliano) ia trece dias atrasado con respeito ao ocidental (gregoriano). Os bolcheviques cambiarán-no en Febreiro do 1918, o dia 1 pasará a ser o 14. Até o dia que se unifique o calendário, as parénteses indican as datas que corresponden ao calendário ocidental.

    Madrid, 21, Xaneiro, 2021

    Capítulo I

    Fonte e canle

    Tempo apacíbel

    O 10¹ de Abril do 1870 do calendário xuliano imperante na Rusia zarista nace Vladimir Ilich Uliánov en Simbirsk (hoxe Ulianovsk), á beira do Volga, o rio máis longo da Europa e que cruza práticamente toda a Rúsia europea xa que nace nas alturas do Valdai, a meio caminho de San Petersburgo e Moscovo, e desemboca no Mar Cáspio. O neno recén nacido é filho de Maria Aleksándrovna e de Ilia Uliánov. Ademais da ascendencia rusa, ten ascendéncia xudia, alemá e sueca por parte materna e calmuca por parte paterna. Todo un sincretismo biolóxico. Vladimir quere dicer en eslavo senhor ou dono do mundo pero de momento ao pequeno chamarán-lhe na casa Volodia. Vladimir vai contar con tres irmás (Anna, Olga e Maria) e dous irmaos, Aleksánder (ao que lhe chamaban Sasha) e Dimitri².

    Maria Aleksándrovna e Ilia Uliánov formaban un matrimónio estábel onde o reparto de funcións estaba perfeitamente estabelecido. A nai era umha matriarca de formación luterana, culta e ordenada, mentras que o pai era un conservador ilustrado que polo caminho do ensino escolar acadou o posto de director de escolas primárias chegando a Conselheiro de Estado, un título de nobreza hereditário no réxime zarista. A nai e o pai influirán en Vladimir no amor ao orden e ao trabalho intelectual pero non influirán en nada no seu desenvolvimento político futuro porque non eran revolucionários.

    No fogar de Maria e Ilia en Simbirsk, umha casa de madeira de duas plantas, habia umha excelente biblioteca onde se podian atopar clásicos da literatura rusa e universal, e incrusive novelas como A cabanha do tio Tom, que á sua maneira era un alegato contra a escravitude. Deste xeito, desde mozo o Vladimir pudo ler a autores como Pushkin, Tolstoi ou Turgueniev. Ademais, a nai ensinaba piano e o pai xadrez. Co tempo, Sasha e Volodia farán-se excelentes xugadores de xadrez, tanto foi asi que o pai comezará a perder partidas cos seus dous filhos e retirará-se á sua habitación con un manual de xadrez para ver cómo enfrentar aos seus dos intelixentes mozos.

    A vida no fogar de Maria e Ilia era acougada, as nenas e os nenos tinhan amor, seguridade e actividades lúdicas. Estudaban, lian, xogaban e facian excursións polas beiras do Volga ou navegaban polas suas augas. Pode-se dicer, que tinhan umha vida idílica, é dicer, apartada da conflitividade social que existia na Rusia zarista.

    Cando naceu Vladimir reinaba o zar Aleksánder II (zar 1855-1881) que governava un império multiétnico e que, á sua vez, era o máis extenso do planeta xa que o seu território ia desde Europa Oriental, flanqueado ao norte polo Mar Báltico e ao sul polo Mar Negro, até o Océano Pacífico, e contaba cuns 130 millóns de habitantes a maioria dos cuais eran labregos. O zar era un autócrata que rexia un Estado tardomedieval con nacentes núcleos industriais e a aristocrácia a clase dominante. Ao Aleksánder II alguns chamaban-lhe o zar Libertador porque o 19 de Febreiro do 1861 abolira a servidume emancipando aos servos. Pero tal emancipación consistira en que o zar obrigou ao mujik a pagar ao barin, no só pola sua própria liberdade, senón ademais pola terra que sempre lhe pertecera ao campesinho e que a reforma lhe roubou, en benefício do proprietário nobre³. Porén, umha parte da nobreza acrecentou as suas debedas porque xa non podian vender aos labregos coas suas parcelas e sen eles non sabian sacar as facendas adiante xa que só eran especialistas en borracheiras e trifulcas, e de aqui as suas protestas contra a emancipación dos servos.

    Simbirsk tinha daquelas máis de douscentos anos de existéncia pero inda era umha cidade que non superara a su condición de cidade de fronteira da Rúsia europea en expansión. Era umha cidade empoeirada e, a dicer dun biógrafo do futuro Lénin, a máis atrasada e desértica de todas as capitais de província do Volga⁴.

    Vladimir (Volodia), segundo o testimónio da sua irmá maior Anna, era un pequeno de cabeza grande e un extrovertido de forte carácter, o que o facia moi ruidoso. Xusto o contrário do seu irmá maior Aleksánder (Sasha) que era introvertido, cortés e caladinho. De neno Volodia non mudou o carácter pero sí que se convirtiu desde o 1 de Setembro do 1879 nun estudante do instituto moi aplicado, tanto que entraba na casa lendo en voz alta as suas notas: sobresainte, sobresainte… Os outros mozos tamén sacaban moi boas notas pero facian-no con máis esforzó co Volodia polo que o seu pai preocupaba-se xa que pensaba que como era tan intelixente e non lhe costaba trabalho asimilar as materias igual se facia un vago. No aconteceu asi, xusto ao contrário, convirtiu-se nun maniático do trabalho organizado e do orden.

    Vladimir caminhaba cara os once anos cando o 1 de Marzo do 1881 nas ruas de San Petersburgo, militantes da Vontade do Povo (Narodnaia Volia) matan nun atentado con bombas ao zar Aleksánder II. Este agoniza, coas pernas escachadas, en presenza do seu filho, o próximo zar, e do seu neto, o futuro Nikolai II. Ambos os dous están impactados, ser zar pode ter un prezo elevado. Dos tres só un morrerá na cama. Ao zar asasinado sucede-o o seu filho co nome de Aleksánder III (zar 1881-1894) que no 1883 creará a Ojrana, a policia política. En Maio do 1883 dará-se a coronación e ali exporá o seu programa autocrático: obedecede aos vosos mariscais da nobreza e non creades nos rumores absurdos, insensatos, sobre un novo reparto das terras⁵. Non aprendera nada. Iso sí, morrerá na cama o 1 de Novembro do 1894.

    Ilia Uliánov quedou impactado. El é un home conservador que está por potenciar as escolas do Estado -e non as da Igrexa ortodoxa, o que lhe valerá umha crítica do arcipreste nun xornal da província de Simbirsk- e que non pode entender como se atentou contra o zar Libertador, aquel que sacara aos labregos da servidume. Vai á misa e, a bon seguro, comentaria compunxido o feito tanto no seu ambiente familiar como no social.

    A vida segue. No 1883 vai-se dar un feito que terá moita influéncia no futuro do agora adolescente Vladimir, funda-se en Suiza o Grupo Emancipación do Trabalho por Georgi Plejánov, Vera Zasúlich, Pável Axelrod e Lev Deutsch. Para comprendermos a trascendente importáncia política que terá este grupo recurrimos a un dicer do Lénin do ano 1899, cando se puxera a elaborar o programa para o POSDR, que só tinha umha existéncia formal desde o seu Congreso fundacional: os membros do grupo Emancipación do Trabalho (…) foron os fundadores da socialdemocrácia rusa⁶. E no 1922, cando Plejánov era xa considerado polos bolcheviques como un cidadán e non como un camarada, Lénin lembrará que o marxismo ruso como tendéncia, comezou a se ampliar indo ao encontro da tendéncia socialdemócrata proclamada moito antes na Europa ocidental polo Grupo Emancipación do Trabalho⁷.

    Tormentas sobre a família

    Sen poder saber o Vladimir a importáncia que terá o feito na Suiza, vai receber o primeiro golpe duro da vida. O 12 de Xaneiro do 1886 morre Ilia Uliánov, o seu pai, aos 54 anos, dun derrame cerebral. Agora a nai, Maria Aleksándrovna, terá que xestionar os aforros e a disminución dos ingresos, o que a leva a alugar duas habitacións da casa. Porén, a pensión mensual que recibe de 200 rublos, incluidos os 25 rublos que o Estado lhe abona por cada filho menor, permite umha vida material sen apreturas a toda a família se se administra axeitadamente —un obreiro daquelas cobraba ao mes de 10 a 18 rublos e umha obreira de 5 a 8 rublos.

    Pero a dor familiar non fixera máis que comezar. Para asombro de toda a família, en Marzo do 1887, cando o xoven Vladimir se achegaba aos 17 anos, Aleksánder, o irmao maior do Vladimir, o introvertido Sasha, que está estudando bioloxia na universidadee de San Petersburgo e obtivera umha medalha de ouro por un trabalho seu sobre os gusanos, é detido acusado de preparar un atentando contra o zar Aleksánder III. A sua irmá Anna é detida e desterrada de San Petersburgo, ainda que non estaba implicada nen, tan siquer, enterada. Automáticamente, os Uliánov quedan isolados en Simbirsk da boa sociedade, tanto que ninguén quererá acompanhar a Maria Aleksándrovna nun carruaxe até Sizrani para colher ali o tren a San Petersburgo para poder ir a interceder pola sorte do seu filho. É a nai dun terrorista. A Vladimir esta cobardia xeral produxo-lhe daquelas umha impresión moi forte⁸.

    A nai, grazas ao status de nobreza que acadara o seu marido, fai-se recibir polas altas autoridades para pedir umha pena que non sexa a capital e visita ao seu filho no cárcere para pregar-lhe que se defenda con intelixéncia. Todo en van xa que o fiscal pedirá a pena de morte mentras que o seu filho mantén no xuizo un orgulho xuvenil que lhe impide maquilhar o proxeto de asasinar ao zar. E acontece o que a nai temia, o 8 de Maio o laureado estudante de bioloxia Aleksánder Ilich Uliánov é aforcado xunto con catro estudantes máis. Desta maneira, en pouco tempo a família perdera ao pai e ao filho maior. A dor na família é tremenda. Mais se algo demostrará esta família, comezando pola matriarca Maria Aleksándrovna, é que non se encolhe nen ante golpes tan duros. Así, a matriarca Maria centra-se no cuidado dos filhos que lhe quedan, tres mozas e dous mozos. Mentras, o Vladimir en Xunho de aquel 1887 termina o instituto con nota máxima en todas las matérias e con medalha de ouro — é dicer, o número un da sua promoción- apesares de ser o irmao dun terrorista. Tinha 17 años. Fiodor Kerenski, director do instituto e pai do Aleksánder Kerenski, futuro rival político do futuro líder bolchevique, dirá do seu aluno no informe oficial que era moi aventaxado, constantemente aplicado e cuidadoso. Uliánov estivo sempre á cabeza da sua clase e, ao finalizar os seus estudos, foi recompensado coa medalha de ouro⁹. Terminado o instituto, Maria Aleksándrovna vende a casa de Simbirsk, onde, como a vida lhe demostrara, non tinha amizades, e mercou outra en Kazán, chamada a capital do Volga, onde se trasladou con todos seus filhos vivos.

    O laureado Vladimir ingresa na universidadee de Kazán, non lhe deixaran ingresar na de San Petersburgo por ser o irmao dun terrorista. Cando el chega o estudantado está revolto, quere umhas liberdades que non existen na Rúsia zarista. O 4 de Decembro Vladimir Ilich Uliánov participa numha protesta do estudantado da universidadee de Kazán que termina en asembleia. Non tivo un papel dirixente xa que é un recén chegado e o movimento estudiantil están-no dirixindo estudantes máis veteranos, pero si altivo ao mostrar con desdén o seu carnet de estudante á saida da asembleia. A mesma noite do 4 é detido e o 5 é expulsado da universidadee de Kazán. O día 7 a policia desterra-o á finca da sua família materna en Kokushkino, a uns 42 km. de Kazán. Vladimir ten 17 años.

    En Kokushkino ten a família de Maria Aleksándrovna umha finca con umha casa de campo que lhes deixou o pai Aleksánder, de orixen xudio, e a nai Anna, de orixen alemá e sueco. Alí xunta-se toda a família no verao e agora será o lugar onde a policia zarista confina a Anna e a Vladimir polas suas modestas actividades contestatarias.

    No Maio do 1888 Vladimir intenta que o volvan aceitar na universidadee pero o xefe do distrito escolar de Kazán nun informe afirma que non pode polo momento ser reconhecido como una persoa segura nen no moral nen desde o ponto de vista político¹⁰. Tamén enviará umha misiva ao ministro do Interior solicitando que se lhe permita ir a estudar ao estranxeiro pero denegarán-lhe a autorización para sair do país. O Vladimir aproveitará este forzado parón para dar longos paseos en plena natureza, umha afición que lhe durará toda a vida.

    Época de formación

    No outono de aquel 1888, a família Uliánov volta de novo a viver en Kazán, agás Anna que ainda non ten o permiso para abandonar Kokushkino. O novo traslado a Kazán terá umha importáncia capital para o Vladimir porque será aqui en Kazán por este tempo cando atope a Marx, ao seu futuro mestre¹¹, e lea o primeiro tomo do Capital. O atopar a Marx estivo relacionado con un grupo, un círculo, da Vontade do Povo (Narodnaia Volia), ao que Lénin se sumou.

    Xa que a matriarca Maria non deixa de pensar cómo encauzar á sua prole, en Maio do 1889 merca na povoación de Alakaievka, na governación de Samara, umha chacra, umha propriedade agrícola con 90 hectáreas de terra, umha casa e un muinho, coa intención de que Vladimir, o seu filho maior, se convirta nun pequeno proprietário agrícola. Andando o tempo, o xa Lénin informará-nos da intencionalidade da sua proxenitora, a minha nai quería que me ocupara dos trabalhos do campo¹². Pero como o Vladimir non tinha madeira de proprietário agrícola a cousa terminou dando Maria Aleksándrovna a terra en arrendamento e deixando a casa como residéncia para o verao. Pero non todo foi en van, no xardin da casa Vladimir instalou umha mesa e, segundo contará a posteriori o seu irmao Dimitri, no verao durante cinco anos, de 1889 a 1893, este [a mesa no xardin da casa] foi o verdadeiro gabinete de trabalho¹³ do futuro Lénin.

    Maria Aleksándrovna, ao ver que a compra da chacra non tinha futuro comercial, mercou en Outubro umha casa en Samara. Nela vai viver a família Uliánov e tamén o matrimónio Elisarov-Anna, xa que Anna casara-se. Até 1893 os Uliánov pasarán o verao en Alakaievka e o resto do ano na casa de Samara. Aqui, en Samara, umha vez máis á beira do Volga dado o carinho da família co caudaloso rio, Vladimir conhecerá a populistas típicos, moi enteiros e idealistas¹⁴, en palabras da sua irmá Anna, que, a bon seguro, suministraron umha grande dose de información política sobre a que Vladimir reflexionará. Non só isto, para Trótski, en papel de biógrafo, é absolutamente indudábel que foi precisamente no periodo de Samara que Vladimir Ulianov se transformou en marxista e socialdemócrata¹⁵.

    O Vladimir queria retomar os seus estudos de Dereito e por esta razón o 28 de Outubro do 1889 escrebe-lhe ao ministro de Instrución Pública para que se lhe permita presentarse aos exámenes de Dereito por libre. Que o ministro Delianov non tinha nengumha simpatia polo peticionário di-o a nota que fixo na petición: é un canalha¹⁶. Porén, Maria Aleksándrovna irá a ver ao próprio Delianov persoalmente en Maio do 1890 e consegue que este acceda a que Vladimir faga os exámenes por libre. Daquelas, ao pouco Vladimir recebe a autorización formal para facer por libre os exámenes de Dereito na universidadee de San Petersburgo.

    En Agosto o Vladimir viaxa a San Petersburgo para informar-se sobre os exámenes de Dereito, recolher material para os mesmos e a procurar-se o Anti-Dühring de Engels. Esperan-lhe meses de estudo moi intenso xa que terá que examinar-se en duas tandas de todas as matérias que os bons alunos aproban en catro anos asistindo ás clases. Entre Abril e Maio do 1891 o Vladimir pasa na universidade de San Petersburgo a primera tanda de exámenes da licenciatura de Dereito. Porén, umha vez máis a dor está a piques de lanzar-se en picado sobre a familia Uliánov. O 8 de Maio Olga, umha das irmás pequenas do Vladimir, á que está moi unido e que se atopa estudando matemáticas e física nun colexio superior de San Petersburgo (daquelas ás mulheres o réxime zarista non lhes permitia estudar nas universidades), morre nun hospital da capital por ter contraido a febre tifoidea. Se xa era una traxédia para a família Uliánov a morte desta amada mocinha, que tamén sacaba as notas máis altas nos seus estudos, era macabro que a sua morte se produxera o mesmo dia e mes no que o irmao maior fora aforcado por terrorista.

    Apesares da dor o Vladimir segue preparando os exámenes. Entre Setembro e Novembro o Vladimir pasa na universidade de San Petersburgo a segunda e derradeira tanda dos exámenes para a licenciatura de Dereito. O 15 de Novembro informa-se-lhe que nos seus exámenes de Dereito por libre na universidade de San Petersburgo obtivo a nota máxima en cada umha das trece matérias, é dicer, en todas as probas. Asi pois, otorgaba-se-lhe o título de Primeiro Grado. Era toda umha fazanha porque sen clases nen profesores preparara nun ano o que lhes levaba aos bons estudantes na universidade catro anos e o facia coa máxima nota, sendo o primeiro entre os 134 estudantes da promoción.

    O Vladimir queria ir estudar ao extranxeiro polo que no Outubro pasado solicitara o pasaporte pero en van xa que a su petición foi denegada. Tivo que permanecer en Rúsia e aqui a situación non podía ser máis desanimadora porque un verao tórrido trouxo umha sequia brutal e umha fame apocalíptica durante o inverno de 1891-1892 por comarcas da Rúsia central, o baixo Volga e Ucránia. A fame caeu sobre uns 35 milhóns de campesinhos e trouxo umha epidémia de tifus. O Vladimir foi tocado polo tifus pero reporá-se axinha. El non vai participar nos comedores sociais porque non cre que iso axude a combater a situación social miserábel das camadas máis pobres do campesinhado mentras que a sua irmá Anna enrola-se como enfermeira para prestar axuda asistencial aos famentos campesinhos.

    En Xaneiro do 1892 o avogado liberal Andréi Jardin, conhecido da família Uliánov e co que o Vladimir xogara partidas de xadrez por correspondéncia epistolar, o contrata para o seu despacho de Kazán. Estará contratado neste despacho até Agosto do 1893. Como avogado defende a labregos pobres que cometeran roubos por fame e perde todos os casos porque as probas son esmagadoras. Outros defendidos seus foron, por exemplo, uns campesinhos e comerciantes que roubaran carris a un comerciante de Samara. Perdeu o caso. Tamén lhe tocou defender a un pequeno-burgués de Samara que batera á sua mulher a base de latigazos. Aqui a postura do Vladimir non foi precisamente a de avogado defensor xa que se negou a pedir a redución da pena para o seu cliente. O avogado Vladimir só ganhou un pleito, o que lhe puxo el mesmo a un mercader que tinha un vapor no rio e que obrigaba a todo o mundo a cruzá-lo no barco da su propriedade ou facia retroceder pola forza a quen intentase pasá-lo doutra maneira. Inda que o mercader conseguiu pospor várias veces o xuizo polas suas notabeis influéncias e co obxetivo de que o xoven e inexperto avogado se cansara de tanto ir e vir o avogado Vladimir non desmaiou e acabou ganhando o pleito.

    Porén os pleitos ocupaban só umha parte do tempo do Vladimir e estimamos que non lhes debia adicar o melhor de si mesmo. O certo é que á altura do 1892, aos 22 anos, o Vladimir, segundo nos informan coetáneos seus, xa tinha umha concepción da vida formada e o seu carácter afiado para defendé-la. Un contrincante seu, Vodovosóv dirá que o Vladimir daba a impresión dun home maduro e completamente formado desde o ponto de vista político¹⁷. Un camarada seu, Semenov, informa que Vladimir Ilich, xa daquelas, parecia un home de opinións completamente formadas, que se desenvolvia en todas as reunións de grupos con seguridade e con absoluta independéncia¹⁸. Un futuro economista menchevique, Maslov, estimaba que a decisión e a claridade nas fórmulas revelaban a un home cuxas opinións xa estaban completamente formadas¹⁹. Por este tempo de 1892 en Samara xa habia un círculo socialdemócrata cuxo Estado Maior, en palabras de Trótski, estaba composto por Vladimir, Lalaintz e Skliarenko²⁰. Posteriormente, o mesmo Vladimir, xa convertido en Lénin, anotará para umha enquisa do Partido Bolchevique en 1921: 1892-1893. Samara. Círculos ilegais da socialdemocrácia²¹.

    En Xulho do 1893 Maria Aleksándrovna fará un bon negócio sen pretendé-lo, vende a facenda de Alakaievka con un sinal de 500 rublos pero como o comprador non pode pagar o resto no tempo fixado a facenda volta ás maos de Maria que a venderá definitivamente no 1897. Neste mes de Xulho a família Uliánov deixa Samara e asenta-se en Podolsk, na periféria sul de Moscovo, está vez algo lonxe do amado Volga. Pero esta cidade periférica non pode ser un destino para o dinámico Vladimir polo que o 31 de Agosto do 1893 instala-se en San Petersburgo. Chega preparado, xa lera e asimilara os dous primeros volúmenes do Capital de Marx —o terceiro ainda non fora editado, Engels trabalhaba nel- e a sua Miséria da Filosofia, o Anti-Dühring de Engels, As nosas diferenzas de Plejánov, o pai do marxismo ruso, e empapara-se das diversas partes teóricas do Dereito —como demostran as suas excelentes notas—, está xuntando o que será umha inxente masa estadística que lhe permite ir vindo o desenvolvimento do capitalismo na Rúsia zarista, escoitara a história política da Narodnaia Volia da boca dos seus próprios militantes e participara na creación de círculos socialdemócratas. Enfin, ten 23 anos e, segundo o seu biógrafo Trótski, todos os rasgos esenciais do seu carácter, da sua concepción do mundo e da sua maneira de actuar están fixados²². Agora lhe faltaba converterse nun revolucionário profesional, é dicer, pór en exclusiva no centro da sua vida a actividade política revolucionária. Para comezar, anima dous círculos marxistas en San Petersburgo. Neles non só dá charlas senón que xenera debates e enchen-se cuestionários con dados sobre a vida laboral dos trabalhadores. Porén, ainda fará un tímido intento de ganhar-se a vida coa avogacia e o 3 de Setembro pon-se a trabalhar como pasante nun despacho de avogados mais en vez de exercer en sério a avogacia o que fai é acrecentar a sua actividade política.

    Polas navidades do 1893 viaxa a Moscovo para pasá-las coa su nai e cos seus dous irmaos pequenos: Dimitri e Maria, que se trasladaran de Samara a Moscovo. Aproveita a su estadia en Moscovo para asistir en Xaneiro a umha conferéncia do narodnik (populista) Vasili Vorontsov na que negará o desenvolvimento do capitalismo en Rúsia, axioma naródniki que xa tinha argumentado no seu libro Destinos do capitalismo na Rúsia. O Vladimir intervén desde o público e demostra, apoiando-se nos dados das suas recopiladas estadísticas, que o capitalismo está-se desenvolvendo na Rúsia, en brutal oposición ao dicer do conferenciante, ao que non lhe sentou nada ben a intervención: deu-se umha rifa dialéctica. A Ojrana tinha un axente na charla, anotou no seu informe que certo Ulianov (case seguramente o irmao do Ulianov aforcado) atacou duramente ao escritor V.V.²³. Para o Vladimir, o petersburgués²⁴, foi a sua primeira escaramuza pública, fora dos círculos marxistas.

    Nace Lénin

    En Febreiro do 1894, de volta en San Petersburgo, o Vladimir acude a umha xuntanza dun círculo marxista de San Petersburgo que se celebra na casa do enxenheiro Klassón. Ali vai conhocer a Nadia Krupskaia, umha socialdemócrata que é profesora e dá clases na escola noturna á que asisten infinidade de trabalhadores e que vive nun apartamento coa sua nai Elizaveta, que cuidará da sua filha toda a sua vida. Daquelas, o Vladimir xa se fixera un nome entre os socialdemócratas da capital razón pola que era un invitado especial na casa do Klassón que era por entón un dos marxistas proeminentes de Petersburgo²⁵. Nesta reunión falou-se da senda que era preciso seguir pero non houvo xeito de atopar umha linguaxe comun²⁶ xa que o Vladimir queria un acordo para ir á loita social e os outros propunhan trabalhar no comité para a loita contra o analfabetismo.

    A formación política do Vladimir non deixaba de medrar dado o seu sistemático método de estudo e o seu trabalho de divulgador nos círculos marxistas e asi en Maio do 1894 apareceu a su obra Quen son os amigos do povo e como loitan contra os socialdemócratas (Resposta aos artigos de Russkoe Bogatstvo contra os marxistas). Na obra, que é umha crítica pormenorizada aos cínicos amigos do povo da revista Russkoe Bogatstvo (Riqueza Rusa) e, concretamente, ao populista N. Mijailovski, un dos cabecilhas de dita revista²⁷, o Vladimir Uliánov deixa claro desde o comezo a utilidade do marxismo porque desde que apareceu O Capital, a concepción materialista da história deixou de ser umha hipótese para se converter numha tese demostrada con argumentos científicos²⁸ e, ao mesmo tempo, tamén aclara o papel dos socialdemócratas rusos, contribuir ao desenvolvimento da conciéncia de clase do proletariado, organizando-o e coesionando-o para a loita política contra o réxime contemporáneo²⁹, isto é, contra o zarismo. Deste xeito, ciéncia e política van da mao. O Vladimir presenta-se xa como ideólogo e estratega. O seu comezo no debate social non podia ser máis claro. A obra foi ben recibida nos círculos marxistas, como no caso do círculo da Krupskaia onde o próprio Vladimir leu a obra. Ela lembra o interese con que todos os companheiros escoitaron a leitura do dito libro, no cal estaba definida con umha claridade extraordinária a finalidade da loita³⁰. O libro difundiu-se ben entre os socialdemócratas xa que circulou de mao en mao³¹ e tivo edicións legais e ilegais. Desde entón podemos dicer que o Vladimir Ilich Uliánov é xa o Lénin histórico, é dicer, o ideólogo e estratega da clase trabalhadora, inda que este pseudónimo non o empregará até o 1901.

    O 1 de Novembro daquel 1894 morre o zar Aleksánder III. O seu filho e sucesor, Nikolai II (zar 1894-1917), non quería verdadeiramente reinar porque sabia que non tinha nengumha capacidade política, tanto era asi que el mesmo decia non son capaz de ser zar³². A sua incomprensión da realidade que lhe tocara viver é absoluta —continuando coa tradición paterna- polo que lhe fai aos delegados das comunidades campesinhas (zemstvos) a seguinte reflexión autocrática: "chegou ao meu conhecimento que nos últimos tempos formularon-se sonhos insensatos³³ sobre a participación dos representantes dos zemstvos no governo do país. Que se saiba ben que, consagrando todos os meus esforzos ao ben do povo, manterei o princípio da autocrácia sen modificá-lo, e tan firmemente como o mantivo o meu inesquecíbel pai³⁴ —o bon" que tivera o reinado do seu pai fora que este conseguira morrer na cama, obxetivo que o Nikolai II non conseguirá.

    Pero se o novo zar nada sabia nen nada queria saber sobre a realidade rusa, Lénin, en Decembro, redacta umha folha para distribui-la na fábrica Semianikov, onde os seus trabalhadores están en folga. Un dos seus repartidores será o obreiro Iván Babushkin, que é aluno de Lénin nun círculo marxista e que se convertirá nun dos corresponsais máis activos da Iskra³⁵, nun revolucionário de corpo enteiro³⁶. Outras folhas escrebe Lénin, umha delas para as obreiras da fábrica de tabacos Laferme. Son os obreiros aos que Lénin instrue políticamente nos círculos marxistas os que lhe informan a el mesmo das condicións concretas das fábricas, dai que os volantes que fai asemelhen elaborados polos próprios obreiros. Isto é asi porque Lénin ten umha dupla relación cos obreiros dos círculos marxistas, por umha parte, interesaba-se por toda nimiedade que caracterizara as condicións de existéncia dos obreiros, esforzaba-se en comprender, empregando rasgos isolados, a vida do trabalhador no seu conxunto, en atopar o ponto máis apropriado suscetíbel de ser usado para enfocar melhor a propaganda revolucionária entre os obreiros³⁷ e, por outra banda, mostraba-lhes a conexión existente entre o seu modo de viver e toda a estrutura da sociedade e indicaba-lhes como se podía transformar a orde das cousas vixentes³⁸. Ademais, Lénin insistia-lhe aos trabajadores con máis conciéncia de clase que debían estudar para poder dirixir melhor aos seus companheiros de trabalho: formou vosté un círculo —decía-lhe Lénin ao obreiro Vladimir Kniazev-. En consecuéncia, debe vosté facer-se superior en conhecimentos con relación aos seus camaradas para poder dirixi-los. Debe vosté ler máis, instruir-se e instruir aos demais. Ouvin dicer que lhe gusta o baile. Ten que deixar iso. Ten que trabalhar de cheo. Debe vosté desenvolver-se políticamente. Entón o seu trabajo no círculo será umha alegría para vosté³⁹.

    Será o próprio Kniazev quen nos relate o proceder de Lénin no seu círculo: Umha vez que daba as boas noites aos obreiros, ocupaba o seu sítio e explicaba as razones de ter-nos xuntado e o programa que se ia a seguer. Falaba con seriedade e precisión, pensando coidadosamente cada umha das suas palabras; expresaba-se como se non admitira réplica. Os obreiros escoitaban con atención e respondian ás suas perguntas sobre o trabalho, sobre as fábricas, das condicións en que se trabalhaba, dos seus camaradas, do que lhes interesaba máis, que lian e de si eran capaces de comprender e asimilar ideias socialistas, etc. A ideia principal de Nikolai Petrovich —este era o pseudónimo que Lénin empregaba daquelas—, tal e como nós a entendimos, era que a clase trabalhadora non tinha conciéncia dos seus próprios intereses e inda non sabia como facer un uso proveitoso das suas posibilidades. Non conquerian decatar-se de que umha vez unidos salvarian todos os obstáculos que se interpuxeran no seu caminho. Desenvolvendo constantemente os seus conhecimentos, poderian melhorar a sua situación e finalmente liberar-se a si mesmos da escravitude. Nikolai Petrovich falou máis de duas horas. Era fácil escoitá-lo porque todo o explicaba con precisión e sinxeleza. Comparada a sua charla coa doutros intelectuais que conhociamos, chegamos á conclusión de que era completamente diferente por ser máis persuasivo; e cando nos deixaba, após de fixar a data da seguinte xuntanza, os camaradas volvían-se uns cara os outros e decían: Ben, é un suxeito que sabe o que se di"⁴⁰.

    Se ben os obreiros con conciéncia política se integraban nos círculos marxistas, como era o caso do Vladimir Kniazev, moitos máis obreiros asistian ás clases nocturnas, que eran umha espécie de antesala dos círculos. Umha das mestras que impartian clases na escola noturna era Kruspkaia, quen no inverno do 1894-1895, segundo as suas proprias palabras, xa ten relacións moito máis íntimas⁴¹ con Lénin. A importáncia que terá Kruspkaia na vida de Lénin será maiuscula. Outra mestra era Aleksandra Kalmikova, mulher de alta posición social que, ademais de dar clases noturnas a trabalhadores, apoiaba financieramente aos círculos marxistas de San Petersburgo. Kruspkaia e Kalmikova eran amigas.

    No 1895 Lénin entrevista-se con marxistas legais, sendo o Piotr Struve o máis conhecido deles. Os marxistas legais entenden que a Rúsia zarista caminha cara o capitalismo e por iso critican as teorias dos naródniki (populistas) pero, ao mesmo tempo, están en contra da loita de clases e daqui os enfrentamentos que terá Lénin con eles. Struve sacou un libro titulado Notas críticas sobre o desenvolvimento económico de Rúsia e Lénin fixo-lhe umha extensa crítica na sua obra O contido económico do populismo e a sua crítica no libro do señor Struve que levaba o clarificador subtítulo de Reflexo do marxismo na literatura burguesa. Daquelas, non se trataba só de estudar a Marx como científico social senón de seguir tamén as suas directrices políticas.

    En Marzo do 1895 o Ministério de Asuntos Exteriores permite-lhe finalmente a Lénin viaxar ao estranxeiro. Será a primeira viaxe de Lénin fora da Rúsia zarista e terá un carácter exploratório. O dia 25 de Abril Lénin toma o tren en Moscovo caminho de Suiza. Ali entrevistará-se con Georgi Plejánov e Pavel Axelrod, fundadores da Emancipación do Trabalho, desde onde se introducira o marxismo na Rúsia zarista. En Xunho viaxa a Paris e con moita emoción entrevista-se con Paul Lafargue e Laura Marx. Lafargue está casado sentimental e políticamente con Laura Marx e é autor do célebre ensaio O dereito á preguiza. Após Lénin volve a Xenebra a ver outra vez a Plejánov e Axelrod e dali irá a Berlín onde lerá A Sagrada Família de Marx e Engels, obra filosófica que critica as ilusións da filosofia especulativa sendo o prólogo de (futuros) trabalhos personais⁴², en palabras de Marx e Engels. A Ojrana estivo ao tanto da su viaxe e informara ao seu axente Piotr Ratchkovski, director da Ojrana en París. Desde entón a Ojrana endexamais o perderá de vista. O 7(19) de Setembro Lénin regresa a San Peterbursgo.

    De volta en San Petersburgo, o trabalho político intensifica-se. En Outubro Lénin, Kruspkaia, Mártov, o obreiro Babushkin e outros marxistas crean a Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira. A Unión agrupa a círculos de intelectuais e de obreiros nun todo polo que a relación teoría e mundo da fábrica comezaba a ser umha realidade. Para dar-lhe coeréncia a todo o quefacer a Unión vai editar o xornal a Causa Obreira (Rabochee Delo). A Ojrana ten un axente infiltrado e todo este proceder traerá de imediato a su atención, tanto que o día 8 de Decembro Lénin e outros camaradas son detidos pola Ojrana xusto cando se dispunhan a editar o primeiro número de Rabochee Delo. Entón, obreiros liderados por Babushkin escreben umha folha nidiamente política contra a detención e piden-lhe ao círculo marxista de Kruspkaia que a impriman para difundi-la, e asi se fai. Por outra banda, o axente infiltrado aparecerá morto numha rua escura. Lénin quedará detido no carcere de San Petersburgo até ser condenado á deportación en Sibéria o 29 de Xaneiro do 1897, como todos os seus camaradas. No cárcere comezara a trabalhar na sua obra O desenvolvimento do capitalismo en Rúsia, polo que pedirá umha chea de libros e recopilará un montón de dados estadísticos. A detención dos velhos militantes terá implicacións políticas futuras porque os xóvenes militantes terminarán apoiando o futuro economicismo convirtindo a Rabochee Delo nun periódico economicista. Mais, non adiantemos acontecimentos.

    O 6 de Maio do 1896 coroa-se en Moscovo como zar Nikolai II (zar 1894-1917). Con anterioridade, a policia invitara a Anna, a irmá maior de Lénin, a alonxar-se de Moscovo. A coroación fixo-se na catedral da Asunción e todas as igrexas moscovitas repicaron cando o Nikolai II recibiu a coroa, pero a coroación terminou en catástrofe porque umhas gradas que se instalaran nun descampado para recibir presentes do zar coroado vinheron-se abaixo e causaron centos de mortos. Xa que na corte créen nos augúrios, non era un bon presáxio. Porén, no reino da realidade, o réxime zarista segue detendo revolucionários. É o que acontece coa Kruspkaia, que é detida o 12 de Agosto e, ao pouco, deportada a Ufa, nos Urais.

    Deportación na Sibéria

    O 29 de Xaneiro do 1897 Lénin é condenado á deportación na Sibéria por tres anos. Umha condena semelhante terán seus camaradas inda que Mártov, por exemplo, terá umha deportación máis dura porque o mandarán a un lugar máis isolado e con pior clima. Porén, antes de partir para a deportación as autoridades zaristas autorizan aos encarceirados a pasar tres días en San Petersburgo para que podan arranxar os seus asuntos persoais de cara á viaxe. Aproveitarán o tempo, o 14 de Febreiro Lénin xunta-se cos seus camaradas da Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira e fan-se umha fotografia que pasará á Historia: están, entre outros, Lénin e Mártov. O 17 Lénin toma o tren para ver á sua nai en Moscovo e o 22, desde o próprio Moscovo, parte para a deportación na Sibéria. Primeiro quedará-se en Krasnoiarsk para terminar-se instalando en Shushesnskoie, un povo de algo máis de mil habitantes, onde chegará o 8 de Maio. Aqui seguirá trabalhando na sua obra O desenvolvimento do capitalismo en Rúsia, entre outros organizados menesteres.

    Estando Lénin e os seus camaradas na Sibéria vai-se dar un feito que terá umha importáncia política simbólica fundamental, do 1 ao 3 de Marzo do 1898 celebra-se en Minsk (Bielorrusia) o Congreso fundacional do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia⁴³ (POSDR). Asisten dez delegados⁴⁴, entre eles o marxista legal Piotr Struve que redactará o Manifesto no que se afirma que canto máis cara o Leste se avanza na Europa, máis débil, ruin e cobarde é políticamente a burguesía e maiores as tarefas culturais e políticas que debe asumir o proletariado. A clase obreira rusa deberá levar sobre as suas sus vigorosas costas a carga de conquistar a liberdade política. É este un paso esencial, inda que só sexa o primeiro, para a realización da gran misión histórica do proletariado, para a fundación dumha orde social na que non haberá lugar para a explotación do home polo home⁴⁵. Case todos os delegados son detidos ao pouco de facer-se o Congreso pero a importáncia política do feito xa non podia borrá-la a

    Enjoying the preview?
    Page 1 of 1